Estrelas Solidarias - Queres unha estrela?

   "ESTRELAS SOLIDARIAS" 
 

VER MEMORIA VISUAL DEL PROYECTO

O presente proxecto pretende a creación dunha cooperativa educativa “Estrelas Solidarias”, baseada nos estándares competenciais dos proxectos, "Depoemprende" da Deputación de Pontevedra, “Eduemprende” da Consellería de Educación organizada dentro dos "Contratos-Programa" da Xunta de Galicia.

Así pois, o alumnado de 3º+4º+5º e 6º de primaria potenciará a competencia en ciencias e tecnoloxia e a iniciativa e o espírito emprendedor coa creación/xestión da mencionada microempresa cooperativa e a produción , análise, manipulación e venda dos seus produtos intanxibles e manufacturados.

- "Vendaranse" estrelas auténticas expedínose un certificado co nome da persoa. 
- Estrelas Feitas polo alumnado con impresoras 3D
- Chapas promocionais do proxecto

Mencionadas vendas terán unha finalidade solidaria apoiando a:

SOGAPS (Infancia Saharaui)

O produto será producido dende o centro mediante a creación dun club de ciencias que vinculará a parte tecnolóxica coa solidaridade

Con todo: o concepto de empresa, o coñecemento dos sectores industriais do entorno,  dos produto, a planificación de gastos e inversións, o deseño do produto, a súa trazabilidade e difusión, a creación de videos e promos, multimedias, cuñas publicitarias, packagings,… serán os conceptos que guíen este proxecto.

Tecnoloxía+Emprendemento+Solidaridade= ESTRELAS SOLIDARIAS